Uso da área privada do profesorado

Se es docente e utilizas recursos dalgunha das editoriais educativas de Grupo Anaya ou dos seus aliados no ensino de idiomas, isto interésache.

Desde Grupo Anaya queremos acompañarte e estar ao teu lado para todo o que precises no teu labor docente para que ti e o teu alumnado poidades aproveitar ao máximo todos os recursos que tedes á vosa disposición.

E comezamos cunha "visita guiada" con toda a información para que te movas con seguridade nas distintas ferramentas que tes ao teu dispor.

 

 

Como darse de alta?: proceso de rexistro para novos docentes

Se es novo ou nova docente na comunidade de Grupo Anaya terás que rexistrarte na área privada da web do selo editorial correspondente. Se es "profe" de varias materias e vas impartir clases con libros de diferentes editoriais, poderás acceder a todos os teus recursos cun só usuario e contrasinal.Poderás rexistrarte clicando aquí:

Para iniciar o proceso deberás cubrir o formulario de rexistro seguindo as instrucións que vas atopar no propio formulario.

  1. Cando cubras todos os campos, envía o formulario.
  2. A continuación, recibirás un correo informando de que a túa solicitude foi rexistrada.
  3. Agora que xa estás logado na web privada, o seguinte paso é o teu perfilado; selecciona o centro, curso/s, materia/s que impartes... Cubre todos os datos e recibirás un correo indicando que a petición está pendente de validación por parte do asesor comercial da túa zona.
  4. Os datos serán recibidos polo persoal de promoción escolar, que os vai revisar e validar, ou se vai poñer en contacto contigo por se falta algún dato ou se require algunha corrección.
  5. Unha vez comprobados os datos da túa solicitude, en 24 horas recibirás un correo electrónico coa confirmación do rexistro.
  6. E listo! Xa vas poder acceder a todos os teus recursos.

 

 

Se xa es membro da comunidade de Grupo Anaya

Se es membro da comunidade Grupo Anaya de anos anteriores non precisas rexistrarte de novo.

Para acceder á área privada da editorial ou editoriais de Grupo Anaya nas que xa te rexistraches con anterioridade só tes que introducir o teu usuario (o correo electrónico co que te rexistraches) e o teu contrasinal.

 

 

E se esquecín o meu contrasinal?

Se esqueciches o teu contrasinal preme no texto Esquecín o meu contrasinal no formulario de acceso á área privada e sigue as instrucións que vas recibir por correo electrónico.

Para recuperar o contrasinal tes que ter acceso ao correo electrónico co que te rexistraches na área privada.

 



 

As túas webs de Educación

Toda a información sobre os proxectos educativos de Grupo Anaya ao teu alcance, ademais de contidos da actualidade educativa e eventos que che poden interesar. Filtra pola túa Comunidade Autónoma, etapa, materia e curso e atoparás mostras dos materiais e recursos, demos e claves:

HablamosDeEducación

As nosas editoriais e o seu compromiso coa educación:

Os nosos aliados no ensino de linguas:

Precisas recomendar lecturas ao teu alumnado? Navega e deseña os teus itinerarios lectores.


Lecturas en galego

Lecturas en castelán

Lecturas en catalán

Chámanos ou escríbenos se precisas máis información ou facer calquera consulta.


Atención ao cliente

Se tes calquera incidencia ou dúbida, axudámoste a resolvela.

Chama ao 913 933 933

ou escribe a: clientes@grupoanaya.com.


   
  Síguenos nas redes!  
  Podes atopar novidades, recursos, información sobre a actualidade educativa, formacións...
E moito máis!